Impulsa Cine

21 de outubro de 2026

Cinema, cultura e territorio desde as periferias

No marco de Impulsa Cine 2026, Abella Producións organiza unha xornada de reflexión e diálogo sobre o cinema contemporáneo, as políticas culturais e o desenvolvemento das industrias culturais desde unha perspectiva periférica, con experiencias de Brasil, Mozambique e Galicia.

A programación inclúe a masterclass O cinema de vangarda brasileiro é periférico, a cargo de Igor Barradas e Luisa Godoy Pitanga, e a mesa de debate Cultura, territorio e industrias culturais desde as periferias, que reunirá profesionais e representantes de iniciativas culturais do Brasil, Mozambique e Galicia, para compartir experiencias e analizar os desafíos da creación artística, as políticas públicas e a cooperación cultural entre territorios.

A xornada pretende fortalecer as redes de colaboración entre Galicia, Brasil e Mozambique, promovendo o intercambio de coñecementos, a reflexión sobre as políticas culturais e o impulso de novas oportunidades para as industrias culturais e creativas. A través do cinema e do diálogo entre experiencias periféricas, Impulsa Cine 2026 reivindica a cultura como ferramenta de transformación social, cohesión territorial e cooperación internacional.

Impulsa Cine – Encontro de Redes Galegas e Lusófonas de Cinema

Edición 2026

Mércores, 21 de outubro de 2026, de 17:30 a 21:00 h.

Lugar

Biblioteca da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo)

Rúa García Barbón, 5, Vigo

O cinema de vangarda brasileiro é periférico

Masterclass

21 de outubro

17:30

Biblioteca da EMAO – Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 5)

Unha reflexión sobre o cinema brasileiro contemporáneo e sobre como realizadores como Adirley Queirós, Lincoln Péricles, Yasmin Thayná, André Novais Oliveira e Kleber Mendonça Filho contribuíron a transformar e inspirar novas linguaxes, estéticas e perspectivas dentro do cinema brasileiro, situando as periferias como espazos de creación, pensamento e innovación audiovisual.

Convidados:
Igor Barradas (Brasil)

Cineasta e educador popular. Fundou o Cineclube Mate Com Angu, colectivo audiovisual nado en 2002 na Baixada Fluminense a partir do desexo de provocar a produción/exhibición de imaxes e as súas reverberacións na realidade e no modo de vida da rexión. O grupo actúa en tres frentes distintas e interligadas no terreo do audiovisual: exhibición, produción e formación. Curta-metraxista case convicto, xa que en 2025 estreou o seu primeiro longa, «Amuleto», na competición do Festival Internacional do Río (2025).

Igor Barradas (Brasil)
Luisa Godoy Pitanga (Brasil)

Antropóloga, documentarista, integrante do cineclube Mate com Angu e socia da produtora Circular Filmes. Actuou como oficineira en diversos proxectos de educación audiovisual popular polo Brasil e como guionista nos documentais Som dos sinos, Cine-rabeca e Amuleto. Colaborou na curadoría do Festival Mate com Angu de Cinema e da Mostra Cinema Brasileiro en Busca de Estrada. Doutoranda en Antropoloxía Social na Universidade Federal do Río Grande do Sul, forma parte do Grupo de Investigación Xéneros, Imaxes e Políticas. En 2024, realizou un estadío doutoral no Centre for Iberian and Latin American Visual Studies na Birkbeck, University of London. A súa investigación entrelaza antropoloxía visual, arquivo e mulleres antropólogas que fixeron campo no Brasil na primeira metade do século XX. É unha das organizadoras do libro Precursoras da Antropoloxía Visual: mulleres en campo, lanzado en 2025.

Luisa Godoy Pitanga (Brasil)

Cultura, territorio e industrias culturais desde as periferias

Mesa de debate

21 de outubro

19:00

Biblioteca da EMAO – Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 5)

Un espazo de intercambio de experiencias sobre o papel da cultura na transformación social, o desenvolvemento territorial e a construción de modelos de produción cultural máis inclusivos, sostibles e descentralizados. Tras as intervencións, de 20:00 a 20:30 haberá un espazo de diálogo e participación do público, e de 20:30 a 21:00 as consideracións finais e o peche.

Convidados:
19:00–19:20 · Políticas públicas para o desenvolvemento dos territorios periféricos

Heraldo HB (Festival Mate Com Angu de Cinema Popular, Brasil)

Heraldo HB é cineasta, escritor e cineclubista. É dos fundadores do Cineclube Mate Com Angu, colectivo da Baixada Fluminense que hai 24 anos actúa na produción audiovisual, formación de público e difusión do cinema brasileiro. Como realizador, desenvolve unha filmografía orientada ás narrativas periféricas, á memoria e á cultura popular. En 2025 lanzou Amuleto, o seu primeiro longa-metraxe, presentado na Mostra Première Brasil do Festival Internacional do Río de Janeiro e actualmente en fase de distribución.

19:00–19:20 · Políticas públicas para o desenvolvemento dos territorios periféricos
19:20–19:40 · Industrias culturais desde unha perspectiva poscolonial e decolonial

Nayara Homem (Fundação Sana Sana, Mozambique, e Duas Raízes Produções, Brasil)

Investigadora, produtora e actriz internacional que xa actuou en máis de 13 países e conta con máis de 20 anos de experiencia; participou en 6 longametraxes e 20 curtametraxes, traballando en diversos xéneros e formatos audiovisuais. No Brasil xa produciu exposición fotográfica, lanzamentos de libros, espectáculos teatrais, sesións fotográficas, shows de música. Foi unha das fundadoras, presentadoras e curadoras de arte do Por Dentro da África Podcast, producido entre Portugal e Mozambique. Chega a Mozambique, en 2021, para desenvolver a súa investigación de doutoramento en Estudos Africanos (ISCTE-IUL-Lisboa) con foco en antropoloxía, cultura e historia e pasa a ter contacto con temas como a patrimonialización de manifestacións culturais inmateriais, os seus desafíos e posibilidades.

19:20–19:40 · Industrias culturais desde unha perspectiva poscolonial e decolonial
19:40–20:00 · Perspectivas para a cultura galega máis alá do Atlántico

Aser Álvarez (Arraianos Producións, Galicia)

Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual. Mestrado de Xornalismo de El País. Foi redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser. Gañou o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Dirixe Arraianos Producións e Ficrural. Cineasta dinámico e polifacético, fundou Arraianos Producións Multimedia, marca coa que realiza e produce unha morea de proxectos audiovisuais. Director, guionista e produtor executivo de «100% CEF», unha biografía de Celso Emilio Ferreiro que acadou o Mestre Mateo ao mellor documental. É membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.

19:40–20:00 · Perspectivas para a cultura galega máis alá do Atlántico